A Guarda promocionouse de novo en Sevilla no Encontro de Casas Rexionais e Provinciais
• Durante catro días centos de asistentes coñeceron as particularidades da Guarda como destino turístico
Infogauda / A Guarda
Despois da promoción de A Guarda na caseta do Lar Gallego de Sevilla, durante a Feira de Abril hispalense, o concello de A Guarda volveu ser o protagonista nunha segunda campaña de promoción na cidade do Guadalquivir.
Dese xeito, durante catro días, os Xardíns de Murillo, na cidade de Sevilla acolleron do 10 ao 13 de outubro, o XVI Encuentro de Casas Regionales y Provinciales, edición na que A Guarda se promocionou a nivel turístico na caseta de Galicia.
Este encontro contou cun amplo programa de actividades que incluíron actuacións de folclore e cultura rexional, así como degustacións. Numeroso público asistiu durante estes días ás actividades programadas polas 16 casetas participantes para achegar a cultura, gastronomía, tradicións, música, bailes,..., as persoas asistentes.
A Guarda foi a protagonista da caseta do Lar Gallego de Sevilla, onde o público gozou de vídeos das nosas paisaxes así como do material turístico para que puidesen coñecer este destino destacado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario