O vindeiro luns 8, de setembro, restablecerase o tráfico no enlace da Ramallosa da autovía AG-59
• Abrirase o tramo cortado entre o enlace dos Verxeles e o da Ramallosa con motivo das obras de prolongación da AG-59, e os vehículos utilizarán parte do tronco do novo treito construído e os ramais de entrada e saída que xa estaban en servizo antes do corte da autovía iniciado en xullo
Infogauda / Val Miñor
O vindeiro luns, 8 de setembro, restablecerase o tráfico do enlace da Ramallosa da AG-59, que tivera que ser pechado para o avance das obras de prolongación desta autovía Santiago-A Estrada
Abrirase o treito cortado entre o enlace dos Verxeles e o da Ramallosa e o enlace de conexión coa Ramallosa. Os vehículos utilizarán parte do tronco do novo tramo construído e os ramais de entrada e saída que xa estaban en servizo antes do peche.
A Xunta segue a avanzar cara ao final da execución da primeira fase da prolongación da autovía entre A Ramallosa e A Estrada, coa previsión de finalizalo este ano e cun investimento de máis de 33 M€.
O peche executado no verán permitiu executar 300 metros lineais do tronco do futuro tramo da autovía, con traballos de escavación e recheo das plataformas da autovía, e execución dun muro de escollera, obras de drenaxe transversal, pavimentado de cunetas e execución de capas de firmes entre outros.
O Goberno galego tamén ten en marcha o proxecto para a última fase desta autovía, entre Pontevea e O Rollo, de 4 km e cun investimento de máis de 30 M€.
Unha vez rematados os 7,5 km da prolongación desta autovía, libre de peaxe, os tempos da viaxe entre Santiago de Compostela e A Estrada reduciranse a 10 minutos, ademais de mellorar a seguridade viaria, tras un investimento global de máis de 67 M€.
Ningún comentario:
Publicar un comentario