Á CIDADANÍA DO BAIXO MIÑO ESTÁ CON PALESTINA
• Persoas de Oia, O Rosal, Tomiño e A Guarda, concentráronse na tarde de hoxe, na praza de Avelino Vicente
Infogauda / A Guarda
Secundando a convocatoria do colectivo Baixo Miño con Palestina, unha representación da cidadanía da comarca do Baixo Miño concentrouse pacíficamente, na tardiña deste luns, día 8 de setembro, na praza de Avelino Vicente, na vila de A Guarda.
Dese xeito, ás persoas asistentes reiteraron o seu rexeitamento o exterminio do pobo Palestino.
Na mesma xornada tamén houbo mobilizacións simultáneas en numerosas vilas galegas, convocadas pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina, que marcan o camiño cara a unha grande manifestación nacional que terá lugar en Santiago de Compostela o día 5 de Outubro.
"Cada día que pasa a situación da faixa de Gaza e de Cisxordania agrávase, cunha situción de fame negra oficialmente declarada pola ONU, na que centenas de crianzas están falecendo pola privación de alimentos, auga e medicina ás que o estado sionista as somete. Decenas de milleiros de persoas están en grave risco de morte por desnutrición nestes momentos. A poboación de todo o mundo debe mobilizarse de forma contundente e ampliar o boicote ao estado de Israel e os seus negocios. Incluímos nisto a equipa israelí de ciclismo que para vergoña de todas nós participa actualmente da Vuelta a España. Chamamos a manifestar neste evento o repudio da poboación ao xenocidio dos nosos tempos", indicaron desde a Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario