18 de set. de 2025

TUI

A praza do Concello acollerá este venres, 19 de setembro, ás 20 horas, un acto público contra o xenocidio do pobo palestino en Gaza 

 O Concello de Tui súmase á convocatoria realizada pola FEGAMP  




Infogauda / Tui

 O Concello de Tui súmase á convocatoria realizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), e este venres, 19 de setembro, ás 20 h na praza do Concello, realizará un acto público contra o xenocidio do pobo palestina en Gaza.  

 O obxectivo do mesmo é amosar a condena enérxica e a repulsa ao antisemitismo e islamofobia, reafirmando o compromiso co respecto a todas as comunidades, culturas e relixións, e expresar a solidariedade con todas as vítimas, especialmente coas persoas desprazadas, feridas ou que perderon aos seus seres queridos en Gaza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario