Desbroce da Arboreda do Chans e no Miradoiro Tito Lemos
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de A Guarda
En agosto continuouse cos traballos de desbroce no Monte Trega, concretamente na Arboreda do Chans e no Miradoiro Tito Lemos, unha actuación que mellora estes espazos para o desfrute da veciñanza, dando continuidade á zona do Chans Novo.
Os traballos de desbroce e xestión da vexetación concéntranse en áreas moi concretas do monte como faixas de protección, zonas de lecer, plantacións, áreas cortalumes, sendeiros e zonas invadidas polas acacias. No resto do monte mantense o matorral, un elemento que ademais do seu valor paisaxístico e cultural ten gran valor ecolóxico favorecendo a biodiversidade, protexendo o chan da erosión e contribuíndo a crear solo fértil en zonas degradadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario