LoPróximo chega a Tomiño regalando unha viaxe polo en barco polo río Miño
• A plataforma, que une a clientes e comercio local, xa está en funcionamento
Gonzalo Lomba / Tomiño
Os clientes do comercio tomiñés teñen xa a súa disposición unha novidosa maneira de atopar o que buscan dende o teléfono móbil pero sen perder a cercanía e o trato personal do comercio local.
LoPróximo, que así se chama esta plataforma dixital, foi distinguida pola Xunta de Galicia cun premio á dinamización comercial no 2024 e chega agora a Tomiño impulsada por ADETO para facilitar a comunicación entre clientes e comerciantes.
De xeito áxil e intuitivo, calquera persoa pode rexistrarse na plataforma e lanzar a súa solicitude indicando o producto ou servizo que busca. A solicitude chega aos propios comerciantes anónimamente e eles poden responder amosando os produtos ou servizos que encaixan na descrición recibida. Deste xeito, o cliente sabe ónde atopar o que busca e pode acudir a mercalo personalmente.
Así o fixo Viviana Mariño, gañadora do Paseo en Barco polo río Miño que sorteou ADETO entre os primeiros usuarios da plataforma. A gañadora destacou o sinxelo e rápido que foi empregar a plataforma que lle permitiu atopar o producto que buscaba e mércalo, sen esperas, no comercio local.
Ningún comentario:
Publicar un comentario