5 de ago. de 2025

A GUARDA

A zona da Xunqueira conta cunha nova ponte e novos observatorios ornitolóxicos  

A Xunta de Galicia investíu máis de 180.000€ para mellorar os valores diferenciais desta paisaxe  


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, e os concelleiros Óscar Alonso Álvarez e Isidro Lomba Lorenzo, na nova pasarela da Regheira Ancha, na Xunqueira (Salcidos)
Fotos: C.A.G.
O alcalde e os dous concelleiros ao carón do observatorio de aves da Xunqueira, que foi reparado por completo
Vista do novo observatorio ornitolóxico ubicado na paraxe do Forno do Duque, que reemprazou ao anteriormente existente


Infogauda / A Guarda  

 No día de hoxe, martes, 5 de agosto de 2025, o goberno municipal do concello guardés, que preside Roberto José Álvarez Carrero, fixo pública á seguinte información:

 «A Guarda conta cunha nova pasarela na zona da Xunqueira, así como da renovacións dos dous observatorios de aves para esta Zona de Especial Protección para as Aves.  

 Esta acción enmárcase no proxecto europeo Green Gap da Interrexión España-Portugal 2021-2027 cunha inversión de 181.999,51€ e pretende mellorar os valores diferenciais e a resiliencia ante o cambio climático da paisaxe transfronteiriza do estuario do Miño.  

 A antiga pasarela da Xunqueira retirouse para instalar unha nova pasarela de materiais máis lonxevos e máis resistentes ante os fenómenos meteorolóxicos e o cambio climático.  

 Os dous observatorios de aves buscan mellorar a observación de aves cara o río Miño e rodeado dun entorno tranquilo para o desfrute dos usuarios e usuarias».

Nova relacionada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario