1 de ago. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda pide un consumo  responsable da auga  

O mes de agosto caracterízase pola alta poboación e alto consumo na Guarda 

 


Infogauda / A Guarda 

 Na tarde deste venres, día 1 de agosto, o Concello de A Guarda fixo público o seguinte:

 AVISO

 Desde o Concello da Guarda pedimos un consumo responsable da auga ante a alta demanda do servizo de auga polo aumento de poboación na nosa vila durante os meses de verán.  

 O aumento da poboación únese ás altas temperaturas que estamos a vivir polo que pregamos que se realice un uso responsable da auga: preparación de alimentos, hixiene persoal e outras necesidades básicas.  

 Moitas grazas pola súa colaboración e comprensión. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario