A AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE TOMIÑO CUESTIONA A SITUACIÓN DO SERVIZO DA RECOLLIDA DO LIXO E LIMPEZA DO CONCELLO
Agrupación do PSdeG-PSOE / Tomiño
A Agrupación Socialista de Tomiño evidencia a súa preocupación pola situación do servizo de recollida de residuos e limpeza do noso concello, así como do futuro mais cercano do mesmo.
Día a día os veciños están a sufrir retrasos na recollida do lixo, contedores sucios con cheiros insoportables e insalubres, deteriorados a maioría e moitos inservibles.
As beirarrúas nos centros urbanos absolutamente desleixadas, por no falar das limítrofes ou parroquiais que estàn absolutamente abandoadas. A queixa é maioritaria entre veciñanza, comercios e usuarios, cando vimos de sufrir un incremento das taxas municipais por este servizo, pero que segue sen repercutir nunha mellor calidade do mesmo para as usuarias e usuarios de Tomiño.
Lembramos que a concesión a Urbaser acumula prórrogas anuais dende hai sete anos, que ocasiona un desleixo e desmotivación da empresa, e que provoca a situación de caos que estamos padecendo.
Sen dúbida, a responsabilidade é do equipo de goberno local actual que entre escusas e escusas:
Primeiro, esperar a nova normativa da Unión Europea. Despois anos estudando e interpretando o modelo. Agora supostamente preparando pregos de licitación do novo contrato, para que despois saia á poxa pública e adxudicación. Dubidamos que xa neste ano chegue a instaurarse e posiblemente nos quede outra prórroga mais como mínimo.
Reclamamos ó goberno local que aclare no menor tempo posible:
• Canto tempo teremos aínda que esperar?
• Cando pensan explicar aos grupos municipais o modelo que pensan implantar e por ende aos veciños?
• Terá algún custo a maiores para os tomiñeses e tomiñesas o novo servizo?


Ningún comentario:
Publicar un comentario