25 de xul. de 2025

OIA

Oia encherase de música tradicional co XXX Encontro dos Pobos  

 Este domingo, 27 de xullo, ás 20.00 horas, na praza Centinela


O grupo Tra-lo Mosteiro, actuando na praza Centinela, en Oia
Foto: C.O.

Infogauda / Oia

 O festival de baile e música tradicionais Encontro dos Pobos, que cada ano organiza a agrupación musical Do Lusco ó Fusco en diversos municipios do Baixo Miño, chega este ano á súa edición número XXX. 

 Ao igual que en anteriores ocasións, Oia acollerá parte da programación, cun concerto que reunirá a formacións da comarca e de Euskadi.  Despois de pasar polas localidades de A Guarda, O Rosal e Tomiño, o Encontro dos Pobos chegará a Oia o domingo, 27 de xullo, cun concerto que comezará ás 20.00 horas na praza Centinela. Contará coa participación dos grupos Tra-lo Mosteiro (Oia), Do Lusco ó Fusco (A Guarda) e Itxas-Alde, de Bakio (Euskal Herria).  

 Con este festival, dirixido tanto ao público local como a visitantes que atópanse - ou pasan - estes días pola zona, o barrio histórico de Oia converterase en escenario de intercambio cultural a través da música tradicional de diversos territorios.  

 O Concello de Oia informa de que, debido aos concertos do Encontro dos Pobos, a praza Centinela permanecerá cortada ao tráfico o domingo entre as 19.00 e as 22.00 horas, aproximadamente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario