22 de xul. de 2025

DEPORTES

 ATLETISMO

Álex Sierpes Pereira logra a medalla de prata na final dos 1.500 metros 

 No Festival Olímpico da Mocidade Europea (FOJE)  


Álex Sierpes Pereira, pletórico de ledicia, logo de lograr súa medalla de prata na proba de 1.500 metros, no XVIII Festival Olímpico da Mocidade Europea (FOJE)
Fotos: Cedidas

Redacción Deportes / A Guarda

 En Skopje, capital de Macedonia do Norte, celébrase o XVIII Festival Olímpico da Mocidade Europea (FOJE). Nese evento multideportivo, participou onte, luns, 21 de xullo, ás 20:05, Álex Sierpes Pereira, atleta do Vicky Foods Athletics, que adestra coa Sociedade Atlética do Trega,  participou na final dos 1.500 metros, nunha xornada marcada pola intensa calor e unha elevada humidade.  

 Álex Sierpes partía coa terceira mellor marca na lista de saída, só por detrás dun atleta francés e dun belga. Desde o inicio da carreira, Álex situouse nos primeiros postos, correndo de forma impecable desde o punto de vista táctico, desprazándose polas rúas exteriores durante toda a proba.  

 A falta dos últimos 400 metros, o francés realizou un cambio de ritmo decisivo. Álex respondeu inmediatamente, seguíndoo de preto ata encarar a última contrarrecta. Con todo, nos metros finais cedeu lixeiramente, cruzando a meta en segunda posición cun tempo de 3:49.53, logrando así unha valiosa medalla de prata.  


Álex Sierpes Pereira - á esq. - no podio

 A vitoria foi para o francés, cun crono de 3:48.39, mentres que o suízo completou o podio con 3:49.84.  

 Álex non estivo só nesta importante cita. Ademais de representar á selección española, estivo arroupado pola súa familia e amigos, que viaxaron ata Skopje para acompañalo e apoialo desde as bancadas. A súa presenza foi sen dúbida un impulso emocional clave neste gran resultado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario