López Campos visita co Ministro de Cultura a Casa Museo Rosalía en Padrón
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o titular de Cultura do Goberno central, Ernest Urtasun, realizaron esta tarde unha visita á Casa-Museo Rosalía
Foto: X.G.
Infogauda / Padrón (A Coruña)
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o titular de Cultura do Goberno central, Ernest Urtasun, realizaron esta tarde unha visita á Casa-Museo Rosalía, en Padrón. O percorrido polas instalacións encádrase na axenda que nesta xornada desenvolve en Galicia o ministro, acompañado polo representante da Xunta, para tratar asuntos da súa competencia e que comezou en Vigo, anunciando un paso adiante no proxecto da Biblioteca da cidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario