4 de xul. de 2025

A GUARDA

O  parque da Alameda reabrirá con novos columpios para os pequenos   

Nos próximos días reabrirase o principal parque infantil de A Guarda 

  

O alcalde de A Guarda e dous concelleiros, supervisando in situ o parque infantil da Alameda, logo das obras e melloras realizadas recentemente

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda  

 Na tarde deste venres, 4 de xullo, o Concello de A Guarda fixo público a seguinte nota informativa: 

 “O parque infantil da Alameda mantívose pechado durante as últimas semanas para dar comezo a unha serie de obras e melloras no mesmo.   

 Con estas obras instaláronse novos columpios e zonas de xogo, destacando o novo tobogán de diferentes alturas, para adaptarse ás diferentes idades.  

 Ademais, fíxose un cambio no chan, instalándose un de maior calidade para evitar gretas que poden ocasionar caídas, e tamén que supón un amortecemento ante as caídas dos nenos e nenas usuarias do parque infantil.  

 O novo columpio adaptado presentará maior seguridade para estes pequenos e tamén estará rodeado dunha cerca para facilitar a sinalización do uso exclusivo para estas crianzas.  

 O renovado parque infantil abrirá nas próximas xornadas para que os máis pequenos poidan desfrutar del canto antes, sobre todo, agora que se atopan nas vacacións escolares.   

 “Agardamos que os nenos e nenas o desfruten, porque agora poderán desfrutar dun parque máis grande e con máis opcións de xogo”, destacaba o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero. “Este é o principal parque infantil da Guarda e un punto de encontro para familias enteiras, aseverou o rexedor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario