Navega pola costa da Guarda a bordo do volanteiro Piueiro
• A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, ofrece este verán máis de 20 saídas para desfrutar da costa guardesa
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda xunto a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro, volven ofrecer este verán saídas gratuítas da navegación pola nosa costa a bordo do volanteiro Piueiro.
Esta actividade vénse realizando desde o 2020 e ten unha gran acollida entre persoas veciñas e visitantes, xa que ofrece unha experiencia única cunhas saídas de navegación na costa atlántica nunha embarcación tradicional de gran envergadura, construída nun estaleiro de A Pasaxe (Camposancos) A Guarda.
A Oficina de Turismo de A Guarda, ubicada na praza do Reló, xestionará as reservas a partir do sábado anterior ás saídas da semana seguinte. As reservas poderanse realizar presencialmente (que terán prioridade) ou chamando ao teléfono 986 614 546 en horario da oficina, que está aberta de martes a sábado de 10:00 a 14:00h e de 16:30 a 18:30h.
Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos. Recórdase que é preciso estar 15 minutos antes da saída no peirao do porto (escaleiras do muelle alto) e a saída terá unha duración aproximada de 45 minutos.
Recoméndase levar calzado que suxeite o nocello e roupa de abrigo. Ademais, lémbrase que as saídas poden ser canceladas por motivos meteorolóxicos: chuvia, vento ou néboa.
Os horarios previstos das saídas son 12:00h, 17:00 e 18:00h e as datas previstas segundo semana son:
• Xoves 31 de xullo e sábado 2 de agosto
• Martes 5 de agosto: será en horario de 16:30h, 17:30h e 18:30h
• Sábado 16 de agosto
• Mércores 20 e sábado 23 de agosto
• Sábado 30 de agosto
Ningún comentario:
Publicar un comentario