4 de xuño de 2025

TURISMO

A XXXIII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira da Guarda, esténdese e amplía o seu horario   

• A festa gastronómica por excelencia da Guarda, comezará este ano ás 12:00h do primeiro venres de xullo  


Rosalía Verde Pérez, técnica de turismo, e Roberto José Álvarez Carrero, alcalde do Concello de A Guarda, na presentación do avance da programación da XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda  

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Xa temos datas para a XXXIII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda. Celebrarase na primeira fin de semana do vindeiro mes, os días 4, 5 e 6 de xullo, mais trae unha novidade: a festa adiantará seu comezo ao venres ás 12:00h da mañá.  

 Nesta edición, o Concello de A Guarda aposta por ampliar a festa tras os excelentes datos de asistencia o ano pasado, cando se venderon máis de 700kg de lagosta (270kg só o sábado ao mediodía).  Deste xeito, ademais do horario, tamén se amplía a capacidade da carpa ata os 600 comensais para que veciños e visitantes, poidan gozar comodamente desta festa.  

 Polo tanto, unha carpa de 1.200 metros cadrados estará aberta durante os tres días da primeira fin de semana de xullo, no porto da Guarda para desfrutar dunha comida excepcional. Entre os máis de 20 produtos e pratos mariñeiros, a lagosta segue ser a protagonista e os restaurantes ofrecerán a lagosta cocida e á prancha. Dende a primeira edición a sobremesa estrela que acompaña a lagosta é o roscón de xema, especialidade típica guardesa desde hai máis de 70 anos.    

 A Festa da Lagosta traspasa o eido gastronómico e terá unha proposta musical e lúdica para achegarse a todos os públicos. Ao longo deste mes de xuño daranse a coñecer outras novidades, como a programación completa e tamén o nome da persoa encargada do pregón deste ano.   

 “Estamos moi contentos de que a Festa da Langosta e da cociña mariñeira siga crecendo, este ano, xa incluíndo tamén, o mediodía do venres”, manifestaba o alcalde, Roberto José Álvarez Carrero. “A Guarda vai ser esa fin de semana o referente de festa gastronómica en Galicia”, engadiu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario