Mesa de traballo do Club de produto turístico vencellado ao sector primario do Baixo Miño
• Xoves, 3 de xullo, ás 16:30h, no Mercado de San Antonio, de Tui
Infogauda / Tui
O xoves, 3 de xullo, ás 16:30 h, no Mercado de San Antonio, de Tui, vaise celebrar á primeira mesa de traballo do Club de produto turístico vencellado ao sector primario do Baixo Miño.
O evento que terá unha duración estimada de 150 minutos, está impulsado por Galicia Suroeste, este Club intégrase no marco do Plan de sostibilidade turística “A Despensa de Galicia”, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. O seu obxectivo é outorgar protagonismo a axentes do sector primario e da actividade artesanal como parte esencial do atractivo turístico do territorio, de tal forma que se sitúen como elementos centrais á hora de artellar experiencias turísticas.
Neste encontro preténdese dar voz a todos os grupos de interese, coa finalidade de coñecer propostas, necesidades e retos chave para a creación do Club. Pola súa experiencia, entendemos que a súa participación e achegas poden ser de gran valor para o éxito deste proxecto.
Os profesionais que teñan interese en asistir, deberán confirmar a súa dispoñibilidade no seguinte enderezo electrónico: clubproduto@galiciasuroeste.gal
Ningún comentario:
Publicar un comentario