7 de abr. de 2025

VIGO

 Concentración contra o FEMINICIDIO no Bolo

O día 8 de abril de 2025 ás 20:00 diante do museo Marco, na cidade de Vigo

Resposta Feminista / Vigo

 Por medio da presente, queremos comunicar que a plataforma RESPOSTA FEMINISTA, as que miran lilá, convoca a toda a cidadanía a asistir a CONCENTRACIÓN convocada para o día 8 de abril de 2025 ás 20:00 diante do museo Marco, na cidade de Vigo para dar unha resposta contra o Feminicio na Galiza, esta vez, no concello do Bolo, en Ourense.  

 Activamos, unha vez máis o protocolo galego de resposta ante os feminicidios convocando en Vigo e sumándonos a unha voz colectiva que convocará a milleiros de persoas en diferentes lugares da Galiza contra esta lacra.  

 O pasado domingo, Josefa, unha muller de 76 anos, foi brutalmente asasinada na súa casa. O seu marido, de 72 anos, apuñalouna e despois chamou ao 112 para confesar o crime. Non é un feito illado, non é unha traxedia familiar. É violencia machista. É terrorismo patriarcal.  

 Estamos fartas. Cada feminicidio é unha ferida aberta que demostra que as políticas actuais non chegan, que a igualdade non é unha prioridade real para quen ten o poder de cambiar as cousas.  

 Berraremos ben alto esixindo responsabilidades:   - A quen recorta en prevención e en recursos contra a violencia machista. 

- A quen non inviste na investigación da violencia machista para así mellorar os protocolos de actuación e prácticas de detección e prevención.  

- A quen desmantela servizos públicos que salvan vidas.  

- A quen desde o poder nega ou minimiza a violencia de xénero.  

- A quen cala ante as violencias cotiás que sufrimos, especialmente no rural, onde o illamento, o silencio e a falta de recursos fan aínda máis difícil pedir axuda.  

 Querémonos libres. Querémonos vivas. Nin unha menos.  

Contra a violencia machista, RESPOSTA FEMINISTA!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario