O PSdeG-PSOE DE TOMIÑO DENUNCIA POSIBLES VERQUIDOS CONTAMINANTES Ó RÍO MIÑO, EN GOIÁN
Agrupación do PSdeG-PSOE / Tomiño
As e os socialistas de Tomiño denuncian actuacións presuntamente ilegais en zona de Rede Natura 2000 na parroquia de Goián, logo de comprobar in situ a colocación dun sistema de alcantarillado con arquetas para recoller augas contaminantes e que conectan cunha tubaxe, camuflada baixo pedras e area, que desemboca directamente ao Río Miño. A xuizo dos socialistas isto é un grave atentado medioambiental no noso territorio, concretamente no noso río, que unha vez máis está sendo maltratado, despreciado e contaminado.
É incomprensible e inaceptable a permisividade e impunidade que dende o Goberno Municipal se lle da a este tipo de actuacións, declaran as socialistas de Tomiño, sobor de todo se temos en conta que hai tan so uns días o BNG, que tamén goberna Tomiño, denunciara públicamente a “desastrosa situación” do Río Miño e pedira a súa “rexeneración integral” con base científica e enfoque global que permita abordar, entre outras, os VERQUIDOS CONTAMINANTES.
Un exercicio claro de hipocrisía e cinismo político o do BNG de Tomiño, que coa man esquerda denuncia o estado do Río Miño, e coa man dereita permite, e mira cara outro lado, ante agresións medioambientais deste calado, si veñen de persoas e/ou intereses afíns.
As socialistas esixen se fagan públicas as licenzas pertinentes, se existen, para estas obras, e de non ser así, a paralización inmediata e a denuncia ante as autoridades competentes desta atrocidade medioambiental, e lémbranlle ao Goberno Municipal que non abonda con notas de prensa para salvar ó Miño, hai que comprometerse e actuar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario