A Casa dos Alonso vai acoller a exposición ‘Salvar el mundo’ do Colexio San José
• Do 22 ao 25 de abril, no salón de plenos
Infogauda / A Guarda
Do 22 ao 25 de abril, o salón de plenos da Casa dos Alonso acollerá a exposición ‘Salvar el mundo’ do Colexio Plurilingüe San José, en colaboración co Concello de A Guarda e a Fundación Endesa.
Do martes 22 ao venres 25 de abril, de 9:30 a 13:30h, todas as persoas interesadas poderán desfrutar desta exposición interactiva, onde os escolares demostrarán a súa sabedoría dunha maneira práctica, con divertidas carreiras de coches vela ou vehículos globo, prototipos creados por eles mesmos
O alumnado do 2ª ciclo de Educación Primaria construíron aeroxeradores, turbinas, casas e coches solares, coches vela, coches globo, baterías eléctricas...
Ademais, o alumnado será o encargado de explicar o concepto de enerxía e os seus tipos, a súa transformación, transición ecolóxica, calidade do aire, sostibilidade, eficiencia e aforro enerxético.
Con estas accións, o alumnado do concello de A Guarda mostra o seu compromiso co medio ambiente, e coa busca de solucións enerxéticas máis respectuosas e que non contribúan ao cambio climático.
Ningún comentario:
Publicar un comentario