12 de mar. de 2025

TUI

O Consorcio Augas do Louro e Aqualia celebrarán o Día Mundial da Auga 

  Cunha xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei 




Infogauda / Tui

 O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á estación de augas residuais (EDAR), de Guillarei, o próximo sábado 22 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.   

 Esta iniciativa pretende resaltar a importancia da auga como recurso imprescindible para o benestar da sociedade mostrando os procesos de depuración e o conxunto da xestión do ciclo urbano da auga, ademais de sensibilizar sobre o problema da contaminación da auga e concienciar sobre a capacidade persoal de axudar ao medioambiente.  

 Programaranse visitas en horario de mañá e tarde cos seguintes horarios:  

10:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos). 

12:00h visita laboratorio e vídeo proceso depuración (menores 12 anos acompañados). 

16:00h visita laboratorio e proceso depuración (maiores 12 anos). 

 Os horarios estarán suxeitos a posibles modificacións en función do número de participantes en cada quenda.  

 As persoas interesadas poden enviar a súa solicitude indicando nome, DNI, concello de residencia, idade de cada un dos participantes e hora de visita ao correo contactoconsorcio@fcc.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario