4 de feb. de 2025

VAL MIÑOR

XEIRA ALÉN MIÑOR IEM XXXV  

Terras de Celanova. 5 e 6 de abril




IEM / Val Miñor

 Estamos de volta coas xeiras Alén de Miñor. A primeira proposta do ano lévaríanos a Terras de Celanova. O 5 e 6 de abril.  

 O primeiro día disfrutaremos das luces, as cores e os arrecendos de primavera pola vila, aldeas e lugares senlleiros. 

 Falaránnos da historia, escritores e figuras ilustres de Celanova e a súa bisbarra, de Galicia, do mundo… 

 Arquitectura vernácula, relixiosa e civil, como o conxunto de hórreos máis grande da península. Un pequeno concerto agárdanos,entre outras cousas, na vila de Celanova. Dormiremos en Ourense. E alguna que outra sorpresa…  

 O segundo día adicaríamolo a natureza e a etnografía. Ponte romana (das poucas que quedan en Galicia), adegas centenarias, falarannos do entroido tradicional “As bonitas de Sande”, torres medievais e camiñata por bosques de frondosas preto de cursos fluviais. Tamén degustaremos productos típicos da contorna.  

 Para anotarse á xeira contactar por WhatsApp ó 627 276 816 

 Prezos socios: 148 euros 

 Prezos non socios: 158 euros 

 Habitación individual: + 22 euros 

 Aberto o prazo de inscrición. Non se reserva praza ate que estea aboada a xeira. 

 O prezo inclúe: Guías, entradas, seguro, autobús, dúas comidas, hotel e almorzo do domingo. 

Grupo mínimo de 40 persoas 

 Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164

Ningún comentario:

Publicar un comentario