Arco Trasno organizou con éxito o 1º e 2º Indoor Estándar Torre de Tebra
• Os organizadores agradecen o apoio do Concello de Tomiño e do centro cultural da parroquia
Infogauda / Tomiño
No pavillón de Tebra vén de ter lugar o 1º e 2º Indoor Estándar Torre de Tebra celebrado onte. Os organizadores agradecen aos participantes que asistiron á competición da AAL (Asociación de Arco Libre) da International Field Archery Association - que en galego vén sendo Asociación Internacional de tiro con arco de campo - (IFAA)-Spain, onde non faltou o bo ambiente, a socialización e a concentración mental que require este deporte,
Participaron sen puntuación, deportistas dos nosos cursos de iniciación, un pouco máis preto dos 18,20 cm., a 12m, pero xa facéndose ao procedemento de competición, coa participación de persoas dende entre os 12 e os 72 anos, e disciplinas diversas, algunhas con discapacidades.
Entre as 2 competicións un pequeno descanso para repoñer forzas con rosca, café e chocolate. Despois os que quixeron foron merendar ao Centro Cultural de Tebra, e déuselles un detalle ás 2 mulleres do curso de iniciación que remataron as dúas competicións, aplicando a teoría á practica.
Dende o club agradecen ao Concello de Tomiño por “apoiar sempre as competicións coas instalacións e reubicándonos mentres a nave da Carballa está en obras”, e tamén ao Centro Cultural de Tebra “por alimentarnos e tratarnos tan ben”.
A seguinte da Liga Galega IFAA será o 8 de marzo na 1° e 2° Flint 2D.
Ademais, indicar que esta próxima fin de semana, Adrian Millán competirá en Ciudad Real no Campionato de España de Arco Adaptado en Sala, na categoria de DI (Discapacitado Intelectual), no que acumula 5 ouros nacionais, e donde este ano participarán dous novos deportistas de Asturias.
Deixamos os resultados oficiais (donde non constan os cursillistas), e a listaxe con 3 cursillistas.
1° e 2° estandar indoor liga galega IFAA 2025 – Google Fotos
Ningún comentario:
Publicar un comentario