21 de feb. de 2025

DEPORTES

ATLETISMO

ÁLEX SIERPES PEREIRA BATE SEU PROPIO RÉCORD

 Establecendo un rexistro de 8:13.89, nos 3.000 metros en pista curta baixo cuberta


Álex Sierpes Pereira

Redacción Deportes / A Guarda

 Este pasado mércores, 19 de febreiro de 2025, Álex Sierpes Pereira, coa elástica do Sport Lisboa Benfica, interveu na III Noite Atlética em Pista Curta, control celebrado no Altice Fórum, de Braga (Portugal), participando na serie A, da proba dos 3.000 metros en pista curta, asinando unha brillante actuación, poñendo patas para arriba de novo o crono, parándoo cuns marabillosos 8:13.89. 

 Rexistro que ademais mellora 6" a súa anterior plusmarca que rexentaba en 8:19.00, que lograra fai tan só 14 días atrás, no mesmo lugar. 

 Con este rexistro non tan só fixo mellora da marca galega de sempre en pista curta, senón que realizou un tempo inferior ao da pista ao aire libre, estando á espera de que a Federación Galega de Atletismo estude e rectifique a marca de exterior, e ao mesmo tempo confirme a súa homologación, se así corresponde. 

 Con esta maxestosa marca, Álex Sierpes é o novo rei xuvenil de Galicia, dos 3.000 metros, superando ao mítico Manuel Nogueira Carrera, posuidor da mellor marca galega de todos os tempos en pista ao aire libre, onde no seu día, se relacionaba de ti a ti, co "Galgo de Zamáns". 

 Marca que establecera o 29 de setembro de 1984 cun rexistro de 8:15.1 logrado en Vigo, vestindo as cores do Celta de Vigo. 

 Álex Sierpes Pereira, derruba o seu propio récord galego Sub18, endurece aínda máis aínda a mellor plusmarca de todos os tempos na proba dos 3.000 metros de pista cuberta. 

 Posicionándose segundo na clasificación absoluta galega, a tan só 2 segundos da mellor marca galega desta tempada 2025 en pista curta. 

  Fantástico inicio de tempada invernal 2025 do atleta guardés, en cada aparición que fai en pista baixo teito, onde suma e segue rompendo rexistros históricos. Ademais continúa coa súa preparación, afinando cara ao seu respectivo nacional que se celebrará o 1 e 2 de marzo en Valencia.

 Ademais, Álex Sierpes xa se cola tamén na listaxe dos 10 mellores de sempre de España, onde aparecen os seguintes atletas*: Alejandro Gómez 8:15.30; David Bustos 8:18.30; José Manuel Albentosa 8:18.7; José Luís González 8:19.4; Reyes Estévez 8:19.78, que con rexistros enormes, realizados ao aire libre coa mesma idade, máis tarde foron lendas no panorama mundial. 

 * Datos recolleitos pola Real Federación Española de Atletismo.

 Moitas felicidades Álex!

Ningún comentario:

Publicar un comentario