Esta mañá na Subdelegación do Goberno
Abel Losada recibiu á directiva da Unidade Galega de Transportistas “Vieiros” e escoita as súas demandas sobre estranxeiría
• O subdelegado subliña que na provincia de Pontevedra os permisos de traballo se expiden dentro do prazo legal de 3 meses
Infogauda / Pontevedra
O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, recibiu esta mañá á directiva da Unidade Galega de Transportistas “Vieiros” para analizar a tramitación dos expedientes de autorización para traballar en España por conta allea no sector do transporte por estrada. Losada coincidiu na importancia deste estratéxica deste sector e na necesidade de que este tipo de permisos non se demoren. Non obstante, as autorizacións nesta provincia estanse a expedir dentro do prazo legal previsto pola lei de 3 meses.
Na xuntanza, na que participaron a presidenta de “Vieiros”, Silvia Chaves; o secretario, Alberto Vila, e o asesor laboral, Eduardo González, analizouse a posibilidade de axilizar, aínda máis, estes trámites para cubrir as necesidades urxentes dalgunhas empresas. Tamén se demandou que haxa unha canle de relación directa coas unidades de tramitación.
O subdelegado comprometeuse a trasladar as peticións aos órganos ministeriais correspondentes e felicitou a “Vieiros” por ter logrado agrupar a máis de 200 autónomos e pemes cun apenas un ano de vida como organización empresarial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario