ATLETISMO
Mª Dolores Martínez Vicente (Loli), de O Rosal, proclamouse subcampioa galega de marcha, na modalidade de 10km en ruta
• Na categoría máster 50 feminino
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
A pasada fin de semana, o circuíto da Pobra do Caramiñal, foi o escenario, un ano máis, que recibiu aos mellores especialistas de marcha atlética na modalidade de asfalto en todas as categorías. A proba - XXXVI Campionato Xunta de Galicia de Marcha en Ruta -, controlada polos xuíces da Federación Galega de Atletismo; foi organizada polo Concello de A Pobra do Caramiñal e o Club Atletismo Barbanza.
Ao final do evento repartíronse as respectivas medallas autonómicas aos triunfadores da xornada. entre eles estaba a nosa guerreira e incombustible Mª Dolores Martínez Vicente (Loli), atleta que aos poucos, vaise facendo oco nos pódiums galegos, mellorando ano tras ano na súa progresión deportiva, aínda que lle resten horas da súa preparación específica, a familia e o traballo, tomándoo de maneira saudable e de benestar para ela mesma. A pesar de todo isto, a atleta pertencente ao club Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), logrou proclamarse subcampioa galega de marcha no 10km en roteiro na categoría máster 50, e ao mesmo tempo mellorar a súa marca mínima persoal. Nosa atleta estableceu un rexistro de 01:11:45, mellorando moito a súa marca anterior que a lograra no mesmo lugar o día 4 de febreiro de 2024.
Felicidades á pupila de Javier Sierpes e Patricia Pereira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario