4 de feb. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda afianza a súa colaboración coa Asociación Española contra o Cancro 

•  A AECC xa realizou 234 intervencións na Guarda e a súa contorna, con pacientes oncolóxicos


O alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, vén de reunirse con Pilar Barbosa e Telmo Crespo, delegada do Baixo Miño e coordinador territorial en Pontevedra, da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), respectivamente

Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda   

 Hoxe, é o Día Mundial contra o Cancro, a primeira causa de morte no noso país. Para reducir o seu impacto é fundamental a colaboración de todos e todas.  

 Por iso, o alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero, vén de reunirse con Pilar Barbosa e Telmo Crespo, delegada do Baixo Miño e coordinador territorial en Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), respectivamente.   

 Deste xeito afianzarase a colaboración do Concello coa AECC, quen xa realizou 234 intervencións na Guarda e a súa contorna con pacientes oncolóxicos. O obxectivo principal é diminuír o impacto do cancro na sociedade cun enfoque integral, estando xunto as persoas afectadas e impulsando unha investigación de calidade.  

 Para iso, a AECC ofrece servizos gratuítos de apoio emocional, rehabilitación da fala, atención social e psicolóxica, préstamos de material (perrucas, cadeiras de rodas,...) ou programas de deshabituación tabáquica, entre outras accións. Ademais ofrece un servizo 24 horas no teléfono 900 100 036 para dar información, apoio e asesoramento médico, psicolóxico e social.

Ningún comentario:

Publicar un comentario