A Guarda vai conmemorar o Día de Rosalía de Castro
• O Concello de A Guarda promove o sorteo de 2 lotes de libros, acompañados dunha taza coa súa figura, e un CD de Tino Baz, entre aquelas persoas que compren libros en galego nas librerías guardesas antes do 8 de marzo
Infogauda / A Guarda
O vindeiro 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, con motivo do 188º aniversario do seu nacemento.
“Dende o Concello da Guarda unímonos ás múltiples homenaxes e actos de recordo cunha celebración en torno á súa obra e á lingua galega”, afirman desde o goberno municipal.
Nesta edición, o Concello de A Guarda promove o sorteo de 2 lotes de libros, acompañados dunha taza coa súa figura e un CD de Tino Baz, entre aquelas persoas que compren libros en galego nas librerías guardesas antes do 8 de marzo. O sorteo celebrarase no salón de plenos o martes 11 de marzo ás 13:30 horas.
Ademais desta iniciativa, que promove o consumo de libros en galego, poñeranse en distribución marcapáxinas con escolma dalgúns poemas de Rosalía nas librerías da vila e na Biblioteca Pública Municipal de A Guarda.
Estes marcapáxinas contan cun deseño orixinal das artista miñorana Irene Silva, creadora da imaxe e proxecto artístico Rosalía Total.
Ningún comentario:
Publicar un comentario