10 de feb. de 2025

A GUARDA

‘Pum! Pum! Quen hai?’ trae risas para toda  a familia 

•  Este sábado, 15 de febreiro,  ás 18:00 horas, no Centro Cultural 


Intérpretes da comedia musical familiar “Pum! Pum! Quen hai?” de Ártika Cía
Foto: Cedida

Infogauda / A Guarda 

 O Centro Cultural de A Guarda acollerá este sábado 15 de febreiro, ás 18:00 horas, a comedia musical familiar “Pum! Pum! Quen hai?” de Ártika Cía.  

 Nesta producción coñeceremos a vida de Gaia, unha nena espelida que nos vai guiar a través do xogo do seu pobo. A chegada de novos veciños revolucionará á súa aldea, esa onde cada día é un xogo.   

 O pobo deberá enfrontarse aos seus medos que nos lembra a importancia da aceptación e da diversidade. Para iso, Gaia contará coa compañía de Tía Maruxa e Don Rosmón, dous carismáticos personaxes.   

 A devandita obra atópase dentro do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario