‘Pum! Pum! Quen hai?’ trae risas para toda a familia
• Este sábado, 15 de febreiro, ás 18:00 horas, no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
O Centro Cultural de A Guarda acollerá este sábado 15 de febreiro, ás 18:00 horas, a comedia musical familiar “Pum! Pum! Quen hai?” de Ártika Cía.
Nesta producción coñeceremos a vida de Gaia, unha nena espelida que nos vai guiar a través do xogo do seu pobo. A chegada de novos veciños revolucionará á súa aldea, esa onde cada día é un xogo.
O pobo deberá enfrontarse aos seus medos que nos lembra a importancia da aceptación e da diversidade. Para iso, Gaia contará coa compañía de Tía Maruxa e Don Rosmón, dous carismáticos personaxes.
A devandita obra atópase dentro do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario