17 de xan. de 2025

TOMIÑO

O CONCELLO PIDE A COLABORACIÓN DA VECIÑANZA PARA A REDACCIÓN DUN PLAN DE DESENVOLVEMENTO LOCAL QUE PODERÍA OPTAR A FONDOS EUROPEOS 

  Trátase dunha enquisa anónima para coñecer a opinión da poboación sobre varios aspectos do municipio 



Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño está a redactar a súa  Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL). Isto é unha planificación concebida como unha ferramenta de xestión que permita ter un concello mellor, preparado para afrontar o cambio climático, ser máis dinámico económicamente e cunha sociedades máis equitativa  e inclusiva.  

 A redacción da EDIL é esencial, ademáis, para a obtención de Fondos FEDER da Unión Europea. 

 Nesta fase do traballo, o Concello gustaríalle contar coa colaboración da veciñanza para participar nunha consulta cidadá, a través dun cuestionario en liña, ao que se pode acceder a través da ligazón https://es.surveymonkey.com/r/EdilToMinhoRosal ou ben, a través da propia web municipal. Esta fase, sería o paso anterior a unha mesa de traballo para o intercambio de achegas e propostas, na segunda metade do mes de xaneiro. Coa redacción de esta EDIL, Tomiño, podería optar a fondos de entre os 3 e 6 millóns de euros na convocatoria FEDER 2020-2027, recientemente lanzada polo Ministerio de Facenda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario