16 de xan. de 2025

ECONOMÍA

A CIG convoca concentracións en todas as cidades contra os novos recortes na xubilación parcial 

• Reclama do Congreso que non convalide o Decreto mentres non se recupere como dereito para toda a clase traballadora 


Imaxe dunha concentración precedente en Compostela
Foto: CIG

Infogauda / Compostela

 A CIG convoca concentracións en todas as cidades para o vindeiro mércores, día 22 de xaneiro, contra o novo recorte na xubilación parcial. Con esta mobilización, que coincide coa convalidación do Decreto no Congreso das e dos Deputados, a central sindical denuncia que suporá outro retroceso de dereitos máis para a clase traballadora. 

CONCENTRACIÓNS 

A Coruña: 12h, Delegación do Goberno (Praza de Ourense)  

Compostela: 12h, diante da oficina do INSS (Rúa Galeras) 

Ferrol: 12h, diante da oficina do INSS (Rúa Catalunya) 

Lugo: 12h, Subdelegación do Goberno 

Ourense: 11h, Subdelegación do Goberno 

Pontevedra: 11h, Subdelegación do Goberno 

Vigo: 11h, diante da oficina do INSS (Rúa O Grove – Coia)  

 A CIG demanda que Congreso diga “non” a este Decreto até que non se conteñan as seguintes medidas:  

1.- Recuperación do dereito á xubilación parcial aos 61 anos para todas as persoas traballadoras e sectores. 

2.- Xubilación aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter 35 anos cotizados, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións. 

3.- Recoñecemento por lei e mellora dos procedementos para acceder aos coeficientes redutores para anticipar a xubilación sen recortes e con todos os dereitos.      

 A central sindical denuncia ademais o escurantismo co que se desenvolveu a negociación, no seo do chamado diálogo social, fóra dos organismos oficiais e sen respectar os dereitos das centrais sindicais máis representativas, como a CIG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario