MANIFESTACIÓN EN VIGO EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
ASEMBLEA INFORMATIVA O XOVES 9 DE XANEIRO, NO CENTRO CULTURAL, CONVOCADA POLA PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Guarda chama a participar na asemblea informativa que se celebrará o próximo xoves día 9 de xaneiro, ás 8 da tarde no Centro Cultural da Guarda para analizar o deterioro que sofre a sanidade pública.
A Plataforma considera que a sociedade debe manterse activa na defensa da sanidade pública e piden o apoio de toda a cidadanía á manifestación que se celebrará o próximo 16 de Xaneiro en Vigo convocada por SOS - Sanidade Pública e polas Plataformas en defensa da sanidade pública da área sanitaria de Vigo.
O constante deterioro da sanidade pública ten como consecuencia unhas listas de espera cada vez máis grandes para consultas, probas complementarias e intervencións cirúrxicas. Tamén uns cadros de persoal raquíticos para dar resposta ás necesidades da cidadanía e unha carteira de servizos moitas veces incompleta para manter o negocio da sanidade privada. Mostrar o descontento da sociedade diante destes feitos é fundamental para paralizar ou cando menos minimizar esta ofensiva da Xunta de Galiza do PP contra a sanidade pública.
Ningún comentario:
Publicar un comentario