3 de xan. de 2025

A GUARDA

A Guarda recibirá aos Reis Magos 

•  Este domingo, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas,  no pavillón da Sangriña  

 


Infogauda / A Guarda

 A Guarda recibirá este domingo 5 de xaneiro unha visita moi especial, os tres Reis Magos. 

 A recepción real comezará ás 18:00 horas no pavillón da Sangriña, mais as portas abrirán ás 17:30 horas para desfrutar das actuacións do Grupo de Gaitas do Club da Terceira Idade e Pensionistas; da escola Attitude; da escola Dansá; e do grupo Do Lusco ó Fusco.  


Percorrido previsto para a visita dos Reis Magos

 Previamente a devandita recepción, os Reis Magos farán un percorrido polas parroquias de A Guarda, de 16:30 a 17:30 horas, para saudar a aquelas persoas que non se poidan desprazar á recepción. A pequena comitiva partirá da rúa Puerto Rico e dirixiranse por Sete Camiños ata O Castro.  

 Desde A Proba baixarán por Pintán ata a praza dos Seixiños, na Gándara. Despois, continuarán en dirección ao Coruto Vello para seguir pola rúa Vigo cara Camposancos. Finalmente, xirarán na praza de Avelino Vicente para enfilar a rúa Galicia ata chegar ao pavillón da Sangriña.  

 Se é posible faranse paradas no parque do Castro; na praza dos Seixiños; e en Camposancos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario