18 de dec. de 2024

REDONDELA

A CIG-Servizos continúa coa campaña ‘Un segredo a voces’ para denunciar o clima laboral en Mercadona

 E ten convocada unha concentración para este xoves, 19 de decembro de 2024, ás 11:00 horas, no supermercado Mercadona, de Redondela (estrada do Cruceiro, 1). 




Infogauda / Redondela

 A CIG-Servizos continúa coa campaña ‘Un segredo a voces’ para denunciar o clima laboral en Mercadona, nesta ocasión, este xoves, 19 de decembro, ás 11:00 horas, cunha concentración diante do establecemento da empresa en Redondela.  

 A Inspección de Traballo vén de emitir unha resolución requiríndolle a Mercadona que cumpra a normativa en prevención de riscos e corrixa as graves deficiencias detectadas a respecto tanto da formación nesta materia como da avaliación dos riscos psicosociais en centros de traballo da provincia de Pontevedra.   

 Na CIG consideran que existe unha relación directa entre estes incumprimentos e o actual clima laboral, caracterizado por altos ritmos de traballo, faltas de respecto, presión ante baixas médicas, acoso por parte das responsábeis dos centros de traballo, dificultades e chantaxe ás persoas que solicitan conciliación familiar, etc. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario