13 de nov. de 2024

TUI

Paula Pier presentará “Eu, Fraude!”

Este venres 15 de novembro, ás 21 h, no Teatro Municipal de Tui. Trátase dun espectáculo de poesía e música que conta unha historia de amor propio convertida nunha festa


A concelleira Sonsoles Vicente, xunto á Sandra Pérez, e Chus López, que forman parte do elenco do espectáculo, estiveron no Teatro Municipal visitando o espazo escénico onde se desenvolverá “Eu, fraude”
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 “Eu, Fraude!” é o título do espectáculo que este venres, 15 de novembro, ás 21 horas, presentará Paula Pier no Teatro Municipal de Tui,  pechando a programación de outono neste espazo.  

 Cun elenco conformado pola propia Paula Pier, Chus López, Sandra Pérez e María Velasco, anima ao público a facerlle un canto á vida, para liberarse das caretas autoimpostas pola sociedade.  

 Este espectáculo fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de gritarlle ao mundo coa voz do noso propio ser, con poesía e cancións para realizar unha viaxe emocional, positiva e esperanzadora.  

 O espectáculo conta cunha duración de 75 minutos. As entradas están á venda en tui.gal até o venres ás 20.50 h aos prezos de 8€ e 6€.  

 A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destaca a acollida da programación de outono que se puido disfrutar neste espazo escénico dende inicio de outubro con espectáculos para todos os públicos. Hoxe precisamente a concelleira Sonsoles Vicente, xunto á tudense Sandra Pérez, e a tomiñesa afincada en Tui, Chus López, que forman parte do elenco do espectáculo, estiveron no Teatro Municipal visitando o espazo escénico onde se desenvolverá “Eu, fraude”.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario