O Concello de Oia informa que LLEGA700 ofrece asistencia gratuíta para problemas de sinal de TV
Infogauda / Oia
Ante a posibilidade de que nalgúns domicilios existan problemas na recepción do sinal de televisión, debidos a interferencias causadas polo proceso de implantación da telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G), o Concello de Oia lembra que a entidade LLEGA700 mantén habilitado un servizo gratuíto no número de teléfono 900 833 999.
LLEGA700 encárgase de desenvolver as actuacións técnicas necesarias para resolver as incidencias que a posta en marcha do novo sistema de telefonía poda ocasionar no sinal da televisión (TDT). Por iso, prégase aos veciños e veciñas afectadas que se poñan en contacto con esta entidade a fin de resolver calquera problema que estean experimentando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario