ATLETISMO
Mª Dolores Martínez Vicente, medalla de prata, no Circuíto Galego de Marcha Atlética
E bronce nos 5.000 metros pista ao aire libre, no XVII Campionato Xunta de Galicia de Marcha de Inverno en Pista
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
Mª Dolores Martínez Vicente (Loly), atleta do Rosal, vén de participar no Campionato Galego de Marcha de Inverno en Pista, celebrado nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra.
A deportista - que pertence ao club Sociedade Atlética do Trega - fixo marca persoal cun crono de 34:17.26, nos 5.000 metros marcha en pista, na categoría máster 50, que lle valeu a medalla de bronce; tamén logrou a medalla de prata do Circuíto Galego de Marcha Atlética, facendo dobrete ese mesmo día.
Felicidades Loly!
Ningún comentario:
Publicar un comentario