4 de nov. de 2024

DEPORTES

ATLETISMO

JULIA MARTÍNEZ OZORES E ADELA VASCONCELLOS RODRÍGUEZ, COMPARTIRON PÓDIUM 

No Cros Ponte Romana, gran premio Optimilk Pro, de Lugo


Julia Martínez Ozores - no centro - e Adela Vasconcellos Rodríguez - á der. -, con Cíes Rial Couso - a esq. - no podio da categoría Sub10 feminina do Cros Ponte Romana

Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes

 As cores da Sociedade Atlética do Trega – Tomiño, volveron estar un ano máis, no máis alto do pódium, na categoría Sub10 feminina, do Cros Ponte Romana. 

 Julia Martínez Ozores, de O Rosal, cun rexistro de 00:04:44, fíxose co ouro; e Adela Vasconcellos Rodríguez, de A Guarda, cun tempo de 00:04:52, logrou o bronce. 

 Nese vento deportivo, celebrado no Parque do Pazo de Feiras e Congresos, de Lugo, puidéronse ver algúns dos mellores especialistas galegos en categorías inferiores, desde as Sub10 ata as Sub16. E nas categorías Sub18 absoluta tamén se apreciou algún que outro nome destacado no ámbito nacional. 

 Felicidades mozas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario