21 de dec. de 2024

TOMIÑO

O grupo municipal socialista de Tomiño amosa o seu apoio aos traballadores do Concello 

  Ante o que consideran un abuso de poder, un autoritarismo e unha falla de transparencia e democracia sen xustificación por parte dun Goberno que se considera de esquerda


Concentración de persoal do Concello de Tomiño, diante da Casa do Concello, recramando salarios dignos

Infogauda / Tomiño

 O Grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño vén de facer pública unha nota de prensa, en cuxo contido afírmase o seguinte: 

 “As socialistas de Tomiño amosan o seu apoio aos traballadores do Concello ante o que consideran un abuso de poder, un autoritarismo e unha falla de transparencia e democracia sen xustificación por parte dun Goberno que se considera de esquerda

 Na devandita nota, fanse eco  “das exixencias dos traballadores que reclaman un axuste salarial e a actualización da Relación de Postos de Traballo, pois consideran que a reclamación é de xustiza, pois só piden que se cumpla a lexislación vixente e acabar coa desigualdade que está a crear desaxustes nas distintas categorías dentro da plantilla municipal e concordan en que o axuste económico se contemple nos orzamentos municipais para o ano 2025”. 

 Asemade as concelleiras socialistas denuncian que  o Goberno municipal ten nula vontade de diálogo cos traballadores (nin con ninguén) ao ter remitida a documentación o día antes da celebración da mesa de negociación, nun claro intento de dificultar a transparencia e a información e conculcar os dereitos das traballadoras e traballadores. Algo que consideran inaceptable e esixen unha rectificación, que dialoguen e que deixen de practicar o “ordeno e mando” e tamén que non esquezan a súa conciencia de clase se a teñen”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario