FESTIVAL DE PANXOLIÑAS
• Venres, 20 de decembro de 2024, ás 19:00 horas, na igrexa parroquial de San Miguel
Ricardo Rodríguez Vicente / O Rosal
Organizado por Voces do Ceo, Airiños de San Miguel e Sociedade Recreativa e Cultural Centro San Miguel, coa colaboración da parroquia de San Miguel; este venres, 20 de decembro, ás 19:00 horas, na igrexa de San Miguel (O Rosal), celebrarase un Festival de Panxoliñas.
Actuarán: Voces do Ceo, Airiños de San Miguel, Vento Mareiro, Conxunto Sisto e Novo Orballo.
O evento convida a asistir e desfrutar coas voces de mulleres e homes, que dedicaron tempo aos ensaios para ofrecer unha fermosa actuación. Vai ser, un gozoso preludio do inminente nadal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario