ATLETISMO
JULIA MARTÍNEZ OZORES E ADELA VASCONCELLOS RODRÍGUEZ, COMPARTIRON PÓDIUM
No Cros Ponte Romana, gran premio Optimilk Pro, de Lugo
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
As cores da Sociedade Atlética do Trega – Tomiño, volveron estar un ano máis, no máis alto do pódium, na categoría Sub10 feminina, do Cros Ponte Romana.
Julia Martínez Ozores, de O Rosal, cun rexistro de 00:04:44, fíxose co ouro; e Adela Vasconcellos Rodríguez, de A Guarda, cun tempo de 00:04:52, logrou o bronce.
Nese vento deportivo, celebrado no Parque do Pazo de Feiras e Congresos, de Lugo, puidéronse ver algúns dos mellores especialistas galegos en categorías inferiores, desde as Sub10 ata as Sub16. E nas categorías Sub18 absoluta tamén se apreciou algún que outro nome destacado no ámbito nacional.
Felicidades mozas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario