28 de nov. de 2024

A GUARDA

Rematou o obradoiro de emprego Manuel B. Portela IX

 Entre os traballos realizados, destaca a rehabilitación da escola da avenida de San Lorenzo


O delegado da Xunta de Galicia, Agustín Reguera; o alcalde, Roberto José Álvarez; o tenente de alcalde, Óscar Alonso; o concelleiro de Vías e Obras, Isidro Lomba; e Adolfo Martínez, director do obradoiro de emprego Manuel B. Portela IX, coas persoas que participaron na acción téorica e práctica en albanelería

Fotos: C.A.G. 

O alcalde de A Guarda facendo entrega do correspondente diploma a unha das persoas que participaron no obradoiro de emprego

Infogauda / A Guarda

 Hoxe celebrouse o acto de clausura do Obradoiro de Emprego Manuel B. Portela IX, no que 20 participantes completaron de maneira satisfactoria a súa formación teórica e práctica en albanelaría. 

 Agora, ábrense ao mercado laboral cunha formación sólida que lles permitirá afrontar novos retos profesionais. 

 Entre os traballos realizados, destaca a rehabilitación da escola da avenida de San Lorenzo, deixando unha pegada importante no noso municipio. Tamén construiron as escaleiras exteriores de emerxencia no propio lugar de desenvolvemento do obradoiro. 

 No acto de entrega de certificados participaron o delegado da Xunta de Galicia, Agustín Reguera Ocampo; o alcalde, Roberto José Álvarez Carrero; o tenente de alcalde, Óscar Alonso Álvarez; o concelleiro de Vías e Obras, Isidro Lomba Lorenzo; e o director do obradoiro de emprego, Adolfo Martínez.  

 Desde o Concello de A Guarda queren "agradecer o gran labor dos profesores e do personal técnico do obradoiro; especialmente do director, Adolfo Martínez, cuxa dedicación foi clave para o éxito deste proxecto. 

 Parabéns aos participantes por esta nova etapa e moito éxito no futuro!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario