4 de nov. de 2024

A GUARDA

A segunda cita de ‘Este outono ven ao teatro’  trae unha comedia á Guarda 

Este venres 8 de novembro, ás 21:00 horas, no Centro Cultural de A Guarda




Infogauda / A Guarda

 Dentro da programación “Este outono ven ao teatro”, promovida polo Concello de A Guarda, este venres 8 de novembro, ás 21:00 horas, no Centro Cultural da vila, a compañía Amorodio Teatro porá en escea “Cortello de amor”.  

 Defínese como unha comedia, moi galega, con retranca e sotaque que trata unha problemática actual como son os disparatados prezos dos alugueiros. Pero a crítica tamén deixa espazo ao humor.  

 A obra ten como protagonistas a Jack e Rose, que van a un concerto do seu artista favorito - Grande Amore -, nunha praza céntrica a carón do seu piso. Logo dunha festa memorable que paraliza a cidade pola afluencia masiva de público, os membros do grupo non conseguen arrincar a súa furgoneta. Rose e Jack, fans incondicionais, non o dubidan e deciden ofrecerlles a súa casa para pasar a noite, e durmir eles dous no faiado.  

 Cortello de amor” é unha comedia física e de enredo, dirixida por Marián Bañobre, escrita por Laura Porto e coa banda sonora orixinal de Grande Amore.

Ningún comentario:

Publicar un comentario