30 de nov. de 2024

A GUARDA

A PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE A GUARDA ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN

En homenaxe ao P. Luis López Castelo


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A parroquia de Santa María de A Guarda, organiza unha excursión en homenaxe ao P. Luis López Castelo, que terá lugar o sábado día 14 de decembro de 2024.

 A saída será ás 7:00 da mañá, desde o Centro Cultural de A Guarda. E o regreso á Guarda está previsto para ás 21:00 horas.

 A devandita viaxe inclúe as visitas ao famoso Belen Electrónico de Begonte - creado en 1972, polo artesán begontino José Rodríguez Varela, por iniciativa do párroco José Domínguez Guizán; e que conta coa declaración de Interese Turístico Galego, sendo visitado cada ano por máis de 40.000 persoas - así como a parroquia natal do padre Luis, Santa María de Castro - no concello de Begonte -, e a cidade de Lugo.

 O prezo por persoa é de 45 euros, e inclúe o transporte en autocar, entradas, comida en restaurante e servizo de guía-acompañante.

 As inscricións e pagos poden efectuarse no despacho da casa reitoral ou na sancristía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario