13 de nov. de 2024

A GUARDA

O teatro infantil continúa na Guarda cunha obra de monicreques sobre a paz 

Este sábado 16 de novembro, ás 18:00 horas, no Centro Cultural




Infogauda / A Guarda

 A Guarda continúa co seu outono teatral. Desta vez, será unha obra  -  “A Teteira de Kabul” -  dirixida ao público infantil (+6 anos).  A función será este sábado 16 de novembro, ás 18:00 horas, no Centro Cultural.  

 “A Teteira de Kabul”, da compañía Xarope Tulú fala sobre o valor da paz. A súa protagonista, Mina, é unha nena afgá que ten que abandonar o seu fogar como consecuencia da guerra. Ela e a súa familia emprenden unha longa viaxe na que a pesar das duras condicións irán descubrindo a beleza do tránsito, grazas ás historias que lle conta súa nai e que ela garda nunha teteira.  

 Trátase dunha obra de obxectos e monicreques, que chegou a finalista a mellor proposta de monicreques nos Premios María Casares 2024. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario