30 de out. de 2024

VALENÇA DO MINHO

A Xunta de Galicia pon en valor o lanzamento do programa transfronteirizo con Portugal ‘Iqual Campus’


Apertura da sesión de lanzamento do programa transfronteirizo con Portugal Iqual Campus
Foto: X.G.

Infogauda / Valença do Minho  

 O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Valença do Minho na apertura da sesión de lanzamento do programa transfronteirizo con Portugal Iqual Campus, unha innovadora iniciativa liderada pola Xunta no marco da 4ª convocatoria do Programa Interreg España–Portugal (POCTEP 2021-2027) e na que tamén participan a comunidade intermunicipal do Alto Minho, a comunidade intermunicipal do Vale do Cávado, a Universidade do Porto e a Universidade de Santiago de Compostela.  

 O obxectivo de Iqual Campus é mellorar a calidade e cobertura dos servizos formativos en materia de igualdade laboral existentes en Galicia e no norte de Portugal. O proxecto contempla o desenvolvemento conxunto dun sistema formativo piloto especializado en igualdade de xénero laboral e dirixido a capacitar e certificar aos grupos de interese clave: docentes e técnicos/as de igualdade, principalmente. A finalidade é lograr a inclusión efectiva e estendida da perspectiva de xénero en todas as actividades profesionais da eurorrexión, así como a formar á sociedade en xeral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario