XEIRA ALEN MIÑOR IEM XXXIV
ARBO- CRECENTE – 23 novembro 2024
IEM / Gondomar
Acompañados do guía Perfecto Ramos (Investigador histórico e etnográfico e veciño da Bisbarra). Visitaremos unha zona maltratada cultural e patrimonialmente, abondosa de emprazamentos e localizacións de diferentes épocas, pouco coñecidas e respectadas. Algunhas das temáticas que falaremos e/ou visitaremos: mosteiros e torres defensivas, muiños e pontes medievais, pazos, pesqueiras e petos de ánimas Casa dos Lovariñas, cantigas de trovadores, Pedro Madruga, casa Real Portuguesa, relacións transfronteirizas, etc.
CARACTERÍSTICAS DA XEIRA
Para anotarse á xeira contactar por WhatsApp ó 627 276816
Prazas mínimas: 40
Aberto o prazo de inscrición. Non se reserva praza ate que estea aboada a xeira.
As baixas que se realicen con menos de 48 horas antes do comezo da xeira non se lles aboará o importe da mesma.
PREZO SOCIOS/AS: 68 euros.
PREZO NON SOCIOS/AS: 78 euros.
Interesados/as consultar prezos habitación individual ou tripla
Nº DE CONTA IEM: ES95 2080 5035 0730 4001 4164
Ningún comentario:
Publicar un comentario