Vaise impartir en Tui un curso gratuíto de “Atención sociosanitaria no domicilio”
Celebrarase do 18 ao 29 de novembro no Centro Municipal de Formación en Guillarei. Está aberto o prazo de inscrición
Infogauda / Tui
Tui acollerá no mes de novembro un curso gratuíto de “Atención Sociosanitaria no domicilio” froito da colaboración entre o Concello de Tui e a empresa Idades. Celebrarase do 18 ao 29 de novembro en horario de 16.30 a 20.30 h, no Centro Municipal de Formación, en Guillarei, cun total de 60 horas lectivas. As persoas participantes no curso realizarán prácticas en empresas.
Esta actividade formativa abordará, segundo o temario, dende o Servizo de Axuda a Domicilio, ás funcións e actividades da persoa auxiliar de Axuda a Domicilio, o proceso de envellecemento, a aplicación de técnicas de hixiene e aseo de persoas dependentes, a alimentación, a medicación, as técnicas de mobilización, traslado e deambulación, ás axudas técnicas e primeiros auxilios, entre outros.
Pódese ampliar esta información e realizar a inscrición neste curso gratuíto, enviando o nome e apelidos, teléfono de contacto, enderezo e formación, no correo orientacion@tui.gal, no teléfono 986 60 39 49 ou no Centro Municipal de Formación, en Guillarei.
Coa celebración deste curso na cidade o Concello de Tui continúa coa súa aposta pola formación, neste caso nun ámbito no que existe gran demanda de profesionais formados, ao tempo que tamén reforza o seu compromiso coa atención sociocomunitaria, nun eido, o dos servizos sociais, no que o Concello de Tui ten realizado un importante investimento nos últimos anos coa ampliación de servizos ofertados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario