“Carmiña”, de Modas María Rosa foi a homenaxeada de A Guarda, no IV Foro da Muller Rural
Infogauda / A Guarda
Na tarde do venres 18 de outubro, celebrouse na Casona da Torre, de Redondela, o IV Foro da Muller Rural de Galicia Suroeste, como xa informamos oportunamente neste xornal dixital transfronteirizo. Por parte de A Guarda, a homenaxeada foi María del Carmen Martínez González, máis coñecida como “Carmiña”, polo seu comercio Modas María Rosa.
“Carmiña” dedicou a maior parte da súa vida ao comercio local, primeiro na tenda de comestibles da súa tía Marí Rosa, despois na librería, e finalmente na de roupa aberta ao público desde hai máis de 38 anos.
Parte da familia de “Carmiña” e tamén o alcalde de A Guarda, quixeron estar ao seu carón nese día onde se lle recoñeceu toda unha vida defendendo o comercio local.
A súa paixón polo comercio local non baixou, malia a súa merecida xubilación; e recordou os retos que tivo que afrontar para sacar adiante o seu negocio, mais tamén a satisfacción de axudar aos seus clientes e veciños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario