O Goberno municipal informa que "as cápsulas de café pódense reciclar na Guarda"
Infogauda / A Guarda
Moitas persoas usan cápsulas de café a diario, "mais non todos - segundo afirma o Goberno municipal de A Guarda, na páxina web e nas redes sociais do Concello -, saben que e (sic) poden reciclar."
Debe ser por iso, que indican á cidadanía que "para a reciclaxe das cápsulas de café usadas, séguense tres pasos:
1. Recollida e transporte: Podes depositar as túas cápsulas usadas nos puntos de recollida da praza de Abastos e do Punto Limpo.
2. Reciclaxe: Nas plantas de reciclaxe, as cápsulas son trituradas para separar os posos do café. O aluminio fúndese de novo para reutilizalo e o plástico trátase para despois fabricar novos produtos.
3. Segunda vida: Os posos de café convértense en abono rico en nutrientes, as cápsulas de plástico tritúranse para poder fabricar outros obxectos e o aluminio das cápsulas é infinitamente reciclable."
Ningún comentario:
Publicar un comentario